27 DO SETEMBRO

EXPOURENSE

#OurFest25

O 27 do setembro regresamos a Expourense para celebrar a cuarta edición dun festival que sitúa a Ourense no panorama musical con propostas exclusivas e artistas de referencia nacional e internacional.

Un cartel selecto de pop, rock alternativo e electrónica que conecta xeracións e estilos, reafirmando a OUR FEST como unha cita imprescindible cada mes de setembro.

A edición 2025 conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo, e coa colaboración da Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e Estrella Galicia, presentes desde a primeira edición.

17:00

APERTURA DE PORTAS

17:30

DREAM NAILS

18:45

VIVA BELGRADO

20:15

MERCURY REV

21:45

LEÓN BENAVENTE

23:25

HAPPY MONDAYS

00:45

KRUDER & DORFMEISTER

DJ SET

FAITE COA TÚA ENTRADA!

Para o acceso de menores será indispensable encher e entregar o seguinte formulario.

KRUDER & DORFMEISTER · HAPPY MONDAYS · MERCURY REV · LEÓN BENAVENTE · VIVA BELGRADO · DREAM NAILS · 

KRUDER & DORFMEISTER · HAPPY MONDAYS · MERCURY REV · LEÓN BENAVENTE · VIVA BELGRADO · DREAM NAILS · 

Onde se celebra?

OUR FEST 2025 celebrarase o vindeiro sábado 27 de setembro no recinto de Expourense.
Xunto á súa espectacular programación, os asistentes poderán gozar con diversas opcións de restauración na zona gastro, deseñada para todos os públicos.

Onde aloxarse?

Atopa o teu aloxamento para descansar ou complementa a túa visita coas refrescantes ofertas que che ofrece Turismo de Ourense. Todo desde aquí.

Como chegar?

O festival OUR FEST 2025 celebrarase o vindeiro sábado 14 do setembro no recinto de Expourense. Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense Finca Sevilla S/N 32005 – Ourense  Consulta como chegar en coche, tren ou avión aquí.

IDA:

L4: Antiga Estación Autobuses · Tanatorio As Burgas
PARADAS: IES Xesús Ferro Couselo · Pazo Deportes
FRECUENCIA: 45 minutos

VOLTA:

BUS LANZADEIRA
Expourense – Parque San Lázaro
De 1:00 a 3:00

O Recinto

O Cartel

KRUDER & DORFMEISTER

DJ SET

O dúo vienés Kruder & Dorfmeister marcou un antes e un despois na música electrónica dos noventa. Dende que publicaron o EP “G-Stoned” en 1993, Peter Kruder e Richard Dorfmeister convertéronse en referentes do downtempo e do trip-hop, creando un universo sonoro que combinaba bases hipnóticas, atmosferas soul e un inconfundible pulso dub. Con “DJ-Kicks” (1996) e, sobre todo, con “The K&D Sessions” (1998), lograron un impacto global que aínda hoxe se percibe na electrónica contemporánea, influíndo nunha xeración enteira de produtores e oíntes.

Tras varias décadas de traxectoria e múltiples proxectos paralelos (Peace Orchestra, Tosca), regresaron en 2020 co álbum “1995”, o seu primeiro traballo de estudo en máis de dúas décadas. Dende entón, reimaxinaron o seu propio legado cun espectáculo audiovisual en directo que revive “The K&D Sessions” cunha nova dimensión escénica. A súa música, elegante e envolvente, segue a ser unha referencia atemporal que transcende fronteiras e xéneros.

HAPPY MONDAYS

Desde Salford, en Greater Manchester, os Happy Mondays revolucionaron a cultura británica dos oitenta e noventa, dando forma ao movemento Madchester e conectando o rock alternativo coa pista de baile. Coa voz inconfundible de Shaun Ryder, o carisma de Bez e a contundencia de himnos como “Step On” ou “Kinky Afro”, o seu disco “Pills ’n’ Thrills and Bellyaches” (1990) acadou o estatus de clásico e converteuse na banda sonora dunha xeración. A súa mestura descarada de rock, funk e psicodelia non só definiu unha época, senón que abriu o camiño ao britpop e á música alternativa posterior.

Tras diferentes etapas e formacións, a banda mantivo viva a súa esencia durante máis de catro décadas, enchendo recintos no Reino Unido e xirando por todo o mundo. Hoxe, cunha traxectoria que combina momentos de caos, excesos e gloria, seguen a ser unha das propostas en directo máis auténticas e festivas. Cada concerto de Happy Mondays é un recordatorio de que o espírito de Manchester, coa súa enerxía irreverente e contaxiosa, segue latexando con forza.

MERCURY REV

Mercury Rev xurdiron en 1989 en Buffalo (Nova Iorque) cunha vocación clara: expandir os límites do rock e da psicodelia cara a territorios inexplorados. Desde o seu debut “Yerself Is Steam” (1991), considerado un dos grandes discos shoegaze por Pitchfork, ata o aclamado “Deserter’s Songs” (1998), que NME nomeou álbum do ano, a banda moveuse con naturalidade entre o shoegaze, o pop sinfónico e a experimentación máis radical. A súa capacidade para reinventarse e mesturar estilos levou a The Guardian a describilos como “unha rareza no indie rock: un grupo que nunca deixou de evolucionar”.

Tras un longo período sen lanzar disco de estudio, presentaron en setembro de 2024 “Born Horses”, un álbum que renova o seu repertorio cunha sonoridade rica, orgánica e emotiva, con voces profundas e arranxos de jazz e folk barroco. En 2025, Mercury Rev xa están de xira internacional —pasando por festivais como OUR FEST— ofrecendo en directo un relato sensorial inmersivo e poético que confirma por que seguen sendo unha das propostas máis visionarias e emocionantes da música alternativa contemporánea.

LEÓN BENAVENTE

León Benavente naceron en 2012 como a unión de catro músicos experimentados —Abraham Boba, Eduardo Baos, Luis Rodríguez e César Verdú— e en poucos anos consolidáronse como unha das bandas esenciais do rock en castelán. Desde o seu debut homónimo ata traballos como “2” (2016) ou “Vamos a volvernos locos” (2019), os seus discos e xiras enchéron salas e festivais en España e Latinoamérica, conseguindo críticas unánimes e un público fiel. A súa proposta mestura crudeza e lucidez cun pulso bailable que converte cada concerto nunha experiencia magnética.

En 2022 presentaron “ERA”, un álbum que falaba do final das cousas e dos novos comezos, e en 2024 sorprenderon con “Nueva sinfonía sobre el caos”, un traballo breve pero intenso que condensa a esencia da banda: cancións poderosas, valentes, hedonistas e reflexivas. Con esta nova etapa, León Benavente reafirman o seu lugar entre os grandes nomes do rock estatal e manteñen intacta a súa capacidade de conectar cun público cada vez máis amplo.

VIVA BELGRADO

Desde Córdoba, Viva Belgrado souberon transformar a intensidade do post-hardcore nunha linguaxe propia e profundamente emotiva. En doce anos de traxectoria, percorreron 31 países con concertos en lugares tan icónicos como o Wizink Center de Madrid, o Círculo Polar Ártico ou rascacielos en Toquio, e foron portada de revistas de referencia como Mondosonoro ou RockZone. O seu último álbum, “Cancionero de los Cielos” (2024), foi elixido disco do ano por RockZone e aclamado pola crítica como “un fito da música independente deste país”.

Neste traballo, a banda abriu novos horizontes sonoros incorporando teclados, melodías inesperadas e estruturas inéditas, sen renunciar á visceralidade das súas guitarras. Tras xirar por Europa, Latinoamérica e Xapón, e encher por primeira vez La Riviera en Madrid, afrontan en 2025 a recta final desta etapa antes de gravar o seu novo disco previsto para 2026. Cada directo de Viva Belgrado é unha descarga catártica na que crudeza e emoción se funden, consolidándoos como unha das formacións máis imprescindibles da escena alternativa.

DREAM NAILS

Dream Nails son un trío londinense que leva o punk feminista a novas dimensións, combinando furia e empatía nun discurso combativo, queer e festivo. Nadas da escena DIY, asinaron con Marshall Records para dar un salto internacional con “Doom Loop”, un traballo celebrado por medios como Kerrang!, NME ou Clash. A súa proposta, que bebe do legado de Bikini Kill ou Amyl and the Sniffers, busca non só crear himnos directos e potentes, senón tamén construír espazos seguros onde a música se converta en comunidade e resistencia.

En 2024 publicaron “Control”, o seu primeiro sinxelo como trío, producido por Adrian Bushby, gañador dun Grammy, que acadou o #2 na Kerrang Chart. Co seu son renovado, a súa presenza escénica e o seu compromiso coa diversidade, Dream Nails consolidáronse como unha das voces máis urxentes e necesarias do punk actual. Os seus concertos son pura catarse, onde a pista de baile e o pogo conviven baixo un mesmo berro de liberación e esperanza.

Ve calentando motores

Ilustración de Jose Luis · Jamón Estudio

DECIDÍCHESTE A MERCALA?

Para que os menores accedan a ela será imprescindible cubrir e entregar o seguinte formulario.

Resumo do Ourfest Xacobeo 2024

Queres ver a que se leou o ano pasado para motivarte a vir esta edición do #OurFest2024?
Non te perdas esta oportunidade para gozar da música como oferta de lecer e turismo na provincia de Ourense.

Contacto

FAQS

ENTRADAS E PULSERACIÓN

COMO SE ACCEDE AO RECINTO? COMO OBTENHO A MIÑA PULSEIRA?

Cando chegas ao recinto, deberás presentar a túa entrada para conseguir a túa pulseira e acceder. Recomendamos que leven a túa entrada en formato electrónico por cuestións de sustentabilidade, salvo que por problemas na pantalla do teu dispositivo poida dificultar a lectura do código QR da mesma, no cal caso poderás traer a túa entrada impresa.
Cada pulseira será entregada única e exclusivamente á persoa con entrada.

A ENTRADA É NOMINAL CON DATOS PERSONAIS? PODEN CAMBIARSE?

Cada pulseira será entregada única e exclusivamente á persoa con entrada, pero non son nomeadas.

ONDE E CANDO PODO RECOLLER A MIÑA PULSEIRA?

Cando chegas ao recinto o día do festival, deberás presentar a túa entrada para conseguir a túa pulseira na entrada e así acceder.

PODO RECOLLER A PULSEIRA DE OUTRA PERSOA?

As pulseiras son estritamente persoais, o que significa que só a persoa que posúa cada entrada poderá retiralas na zona de validación e billeteira.

PODESE SAIR E ENTRAR DO RECINTO?

Si, coa pulseira poderás acceder e saír do recinto sen ningún tipo de restrición.

PODO INTERCAMBIAR A PULSEIRA CON ALGUÉN?

Non, as pulseiras son estritamente persoais e intransferibles. Ademais, é importante que non a quitas nin a rompas até que remate o festival. No caso de rotura, non se proporcionará unha pulseira nova.

COMO DEBO PROCEDER SE ESTOU INVITADO OU TEÑO UNHA ACREDITACIÓN DE PRENSA?

Deberás ter unha invitación especial tras contactar con info@produtriz.com. Logo, deberás validala o día do evento na billeteira, onde deberás mostrar a túa invitación e documentación.

CEDÉRONME UNHA ENTRADA, COMO ME ASEGURO DE NON TER PROBLEMAS PARA ACCEDER Ao FESTIVAL?

Recomendámosche que só aceptes entradas de persoas de confianza, xa que non é posible verificar nin controlar a autenticidade das entradas en reventa nin a venda de entradas falsas.

NON PODO IR AO FESTIVAL E QUERO AGASALLARLLE A MIÑA ENTRADA A UN/A AMIGO/A OU FAMILIAR, COMO O PUEDO FACER?

Para facer unha cesión da túa entrada a un amigx ou familiar, debéreis asegurarvos de proporcionar a entrada orixinal, xa que, ao non ser as entradas nominativas, isto garantirá un proceso sen problemas.

CASHLESS

Non se utilizarán pulseiras cashless neste evento. Os métodos de pago aceptados serán efectivo ou tarxeta.

MISCELÁNEA FESTIVAL


PODEN ASISTIR MENORES DE IDADE AO FESTIVAL?

De acordo coa lexislación de Galicia, os menores de 12 anos, inclusive, poden ingresar ao festival de forma gratuíta (non requiren unha entrada; a pulseira correspondente outorgarase na entrada ao evento).
Os menores de 16 anos poden asistir ao evento en compañía dun adulto responsable e deben presentar unha Autorización de Menores asinada polo seu pai, nai ou titor legal
Os menores de 16 e 17 anos poden asistir ao evento presentando a Autorización de Menores cumprimentada e asinada, sen necesidade de estar acompañados. Podes descargar dita autorización aquí.

VOU COMO ACOMPANANTE DE UN MENOR, QUE DEBO LEVAR?

É necesario que leveches dúas copias previamente completadas da folla de menores para evitar esperas(podes descargala aquí ), xunto co DNI do menor ou o libro de familia.

SON NOVO, QUE NECESITO LEVAR AO FESTIVAL?

A túa entrada: é imprescindible para entrar no recinto.
Documentos de identificación: O teu DNI ou pasaporte, xa que poderían ser necesarios para verificar a túa idade ou en caso de emerxencia.
Dinero e/ou tarxeta: imprescindible para as zonas de alimentación e bebidas. Pode ser que non todas as áreas do festival acepten tarxetas, polo que ter algo de efectivo tamén é útil.
E moitas ganas de darllo todo!
Como extras:
Trae o cargador do móbil se non queres estar desconectado ou unha batería recargable.
Uns tapóns ou cascos axudarante no caso de que o volume dos concertos sexa demasiado alto para ti.

CAL É O HORARIO DE APERTURA E PECHE DO RECINTO DE CONCERTOS?

Os horarios aínda non foron publicados. Serán comunicados proximamente.

QUE PODO FACER POLAS MAÑÁNS ANTES DOS CONCERTOS?

Ademais dos diversos plans que podes realizar na cidade de Ourense ou pasear polas súas rúas máis emblemáticas no centro da cidade, recomendámosche aproveitar a oportunidade para gozar dos numerosos restaurantes e bares de tapas. Aquí podes deleitarte coa gastronomía típica da rexión, acompañada de bos viños e cervexa. É un plan ideal para reponer forzas e gozar ao máximo da túa visita! E se tes tempo, non te perdas a oportunidade de relaxarte nas famosas termas de Ourense, unha experiencia verdadeiramente gratificante.

PODO ENTRAR CON COMIDA E/OU BEBIDA AO RECINTO DE CONCERTOS?

Non se permite a entrada con comida ou bebida ao recinto. Queremos que goces de todas as opcións gastronómicas e bebidas dispoñibles dentro do evento, as cales foron coidadosamente seleccionadas para garantir unha experiencia culinaria excepcional. Aproveita a oportunidade para probar os deliciosos pratos e bebidas que ofrecemos no festival!

HAI COMIDA VEGETARIANA/VEGANA?

Estamos encantadxs de ofrecerche unha ampla variedade de opcións gastronómicas, incluíndo deliciosas alternativas vegetarianas/veganas. Queremos que todxs lxs asistentes poidan gozar dunha experiencia culinaria diversa e satisfactoria.
Ademais, contaremos con cervexa Estrella Galicia sen gluten e 0,0º tostada. Así que, terás unha gran selección de bebidas para elixir mentres gozas da música e do ambiente do festival!

QUE ESTÁ PROHIBIDO INTRODUCIR NO RECINTO?

Non se poden introducir os seguintes artigos:
Obxectos cortantes e punzantes, e armas de calquera tipo. Pregas con punta inclusive.
Cinturóns de balas, chifres, accesorios con espiños grandes, cadeas grandes, cadeados ou accesorios que poidan utilizarse como arma.
Bengalas, petardos ou demais elementos de artefactos pirotécnicos.
Paus selfie ou trípodes.
Cámaras profesionais de foto e/ou vídeo.
Botellas, vidro, petacas, camelbaks, tapóns de botella.
Substancias ilegais.
Cadeiras, colchonetas.
Bicicletas, skates ou similares.
Linternas, láseres.
Instrumentos musicais.
Animais, excepto cans guía.

QUE FACER EN CASO DE DESALOXO?

Localiza a saída de emerxencia máis cercana, están sinalizadas con tea amarela.
Controla as túas pertenzas.
Fai caso das recomendacións do persoal de seguridade.
Cando abandones o recinto, faio con paciencia e de maneira ordenada, non todxs á vez.

QUE DEBO FACER SE VEO A ALGUÉN A INTENTAR ROBAR OU A PROVOCAR ALGÚN TIPO DE ALTERCADO?

Ponte en contacto coa seguridade do recinto, que estarán uniformados cun distintivo especial para a súa rápida identificación.

TEÑO MOBILIDADE REDUCIDA, ¿PODO ACUDIR AO EVENTO?

Si, dispoñemos dunha zona especial con maior accesibilidade e acotada para iso.

PODO ENTRAR COA MIÑA CÁMARA DE FOTOS AO RECINTO?

Poderás no caso de que non sexa unha cámara réflex/profesional ou esteas acreditado para poder usala. Non poderás entrar cunha cámara de este tipo se non cumpres unha das dúas condicións. Cámara dixital ou GoPro, si se permiten.

ONDE PODO VER OS PLANOS DO RECINTO PARA UBICARME?

Nesta mesma web, no apartado de “O recinto” ou nas nosas redes sociais.

NECESITO AXUDA MÉDICA DURANTE O FESTIVAL, ¿QUE FAGO?

Acude de inmediato á zona de seguridade ou avisa ao persoal de seguridade ou a calquera que teñas preto no festival.

E SE PERDO ALGO, A QUÉN PREGUNTO?

Na billeteira, podes consultar sobre a sección de "obxectos perdidos".
Tamén recomendámoste que gardes coidadosamente as túas pertenzas e documentación nun lugar seguro, e que non deixes ningún artigo susceptible de ser roubado nas áreas de descanso ou gastro. No caso de que atopes algo, agradecémoste moito se o entregas na zona de "obxectos perdidos". A túa colaboración é importante para manter un ambiente seguro e agradable para todxs lxs asistentes.

É SEGURO LEVAR MOCHILA NO FESTIVAL?

¡Non hai problema ningún! Iso si, recomendámosche que, cando haxa aglomeracións, leves a mochila por diante para evitar roubos e rachaduras de mochilas. Se ves algo sospeitoso ao respecto, avisa a seguridade!

XÁ SE ACABARON OS CONCERTOS DO FESTIVAL E TEÑO GANAS DE FESTA. ¿A ONDE VOU?

Podes ir aos bares e pubs de Ourense, que ofrecen festa ata a última hora da noite.

TEÑO UNHA DUBIDA QUE NON ESTÁ AQUÍ, ¿A QUÉN PREGUNTO?

Podes preguntar a través das redes sociais e responderémosche o antes posible. Tamén podes preguntarlle aos membros do staff que vexas no recinto, ou mándanos un email a info@ourfest.gal

CONSELLOS VARIOS NON CONTEMPLADOS CON ANTERIORIDADE

Sempre asegúrate de gardar as túas pertenzas de maneira segura.
Mostra respecto ás demáis festivalerxs; trata as demáis como che gustaría que che trataran a ti.
Asegúrate de levar todo o necesario para gozar ao máximo do festival.
Contribúe a manter o recinto limpo utilizando os contenedores dispoñibles e considera reutilizar os vasos do festival sempre que sexa posible.
Mostra respecto cara aos artistas e grupos que se presentan no festival. Se non che gusta un grupo ou unha actuación, podes optar por non velos, pero permite que aqueles que queiran gozalo o fagan sen problemas.
Goza ao máximo desta experiencia!

Síguenos nas nosas redes sociais para máis información:

>> CONTACTO

Podes escribirnos para calquera consulta a info@ourfest.gal

>> ENTRADAS

Se tiveches algunha incidencia ou tes algunha dúbida, podes contactar en ataquilla@afundacion.org ou no 986 120 091

>> Prensa y colaboraciones

Podes escribirnos a info@produtriz.com